Enquisa HostaleríaDigna

A CNT-AIT maniféstase contra os lumes

Este pasado domingo día 29 de setembro unha manifestación percorreu polas rúas de Compostela baixo o lema “Por unha política forestal sostible. Servizo único, público e profesional”, convocada pola “Plataforma para a defensa dun servizo público, único e profesionalizado de prevención e defensa contra os incendios forestais”.

Entre diferentes colectivos, a CNT asistíu como parte integrante da mesma. Entre algúns puntos a esixir pola Plataforma están o dun servizo único, público e profesionalizado de prevención e extinción, unha axeitada ordenación do territorio, unha diferente política forestal e a creación dunha mesa de diálogo con todo os sectores afectados.

Previamente, dende o día mércores 26 de setembro ata o mesmo domingo 29, realizáronse marchas reivindicativas dende lugares onde houbo lumes significativos; Burgueira (Oia)-Baiona; As Neves-Ponteareas; Pontecaldelas-Pontevedra; Monte Xiabre-Vilagarcía, Milladoiro (Ames)-Compostela.

Aínda que a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT ten clara (e non fai falla ser moi avispados) que a verdadeira causa son os cartos. Os cartos que, en vez de empeñar nun sistema público, se destinan a enriquecer empresas privadas de amigotes para botar o cazo ano tras ano, mentres xs traballadorxs vemos como campaña tras campaña seguimos contemplando como nos putean e se mofan dos que realmente se meten cara a cara co lume. Un estado capitalista ao que non lle importan os nosos montes e só fomenta este modelo económico capitalista con algo que debese ser desfrute de todas e todos.

Unhas cincocentas persoas asistiron a dita manifestación, que dun ou outro xeito están en desacordo coas políticas laborais e sociais que o actual gobernillo de turno impón.