8M: folga xeral feminista

Concentración en Compostela "Por unhas pensións dignas para tod@s"

Ante o novo ataque que o goberno do PP está a perpetrar contra outro dos nosos dereitos básicos, e dentro da xornada de loita convocada pola CNT a nivel de todo o Estado baixo o lema "Loita por unhas pensións dignas para tod@s. Pola distribución do traballo e da riqueza", a CNT de Compostela convoca unha concentración en defensa do sistema de pensións, o vindeiro xoves 26, às 19:30 na Praza do Toral. 

Desde a CNT chamamos a acudir a toda a clase obreira concienciada da cidade e a comarca, a todas aquelas persoas que saiban que non podemos seguir pagando os traballadores e as traballadoras as consecuencias dunha crise que non creamos nós, e todas aquelas persoas fartas de ver como encadeamos recorte tras recorte e que están polo cambio social, por un cambio profundo que acabe co capitalismo e pola construción dun sistema social máis xusto, baseado no apio mutuo e a autoxestión, e no que todos e todas sexamos libres e ricos, porque todos e todas teremos todo o que necesitamos.