Prensa obreira

Finalizado o conflito con Viva Maria

Desde o pasado mes de Decembro a CNT de Compostela mantiña un conflito sindical coa empresa Viva Maria, debido ao despedimento dun compañeiro deste sindicato, que ademais tivera que soportar diversos incumprimentos dos dereitos laborais por parte do empresario deste negocio moderno e supostamente alternativo, que presume de estar á última en productos para o autocultivo, outro exemplo máis da falta de escrúpulos dos empresarios progres, capaces de defender calquera causa que lles beneficie ao mesmo tempo que vulneran os dereitos dos seus empregados.

Despois de meses de conflito, que incluiu diversas concentracións nas portas do estabelecemento e outras accións sindicais, dito empresario ven de ser condenado a pagar 14.000 euros ao compañeiro deste sindicato.

Desde a CNT seguiremos a denunciar calquera incumprimento aos nosos dereitos como traballadores e calquera ataque aos nosos afiliados, veña de onde veña, a progresía de certos empresarios non chega a ocultar a realidade da explotación.