8M: folga xeral feminista

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade:

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade:

@s traballador@s do Ateneo esiximos ao goberno do PP que devolva o patrimonio desta entidade que mantén secuestrado e que é de toda a cidadanía e poder así desenvolver o noso traballo con normalidade e en igualdade de condicións; a nosa Bilbioteca – Hemeroteca que tanto botan en falta os investigadores e usuarios que nos visitan. O patrimonio é de tod@s!

DENUNCIAMOS: Que o Concello de Ferrol está a gastar máis cartos de todos os cidadáns nos espazos comúns asinados no edificio do Ateneo, logo da inversión de máis de 1 millón de euros. A empresa FOROVER, a quen lle acaban de adxudicar as obras porán un peche (portas de cristal e muros de pladour) na 1ª planta na sala de exposicións.

Xa retirou unha das verxas que hai na 1ª planta quedando as escaleiras sen protección e sen sinalizar co perigo que supón para usuarios e traballadores. Axuntamos fotos.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo denunciamos que deben subsanar as deficiencias e anomalías que presenta a obra de rehabilitación antes de invertir un euro máis no edificio:

- Ascensor que non funciona.

- Calefacción que non funciona.

- O material contraincendios que mostra irregularidades.

- Humidades e goteiras na cuberta, nos pisos inferiores e na entrada polo patio.

- Aseos coas pezas rotas ou descolgadas da parede.

- Portas que non pechan nos aseos e nas ventas e mal frisadas.

- Balcóns do século XVIII nun estado deplorable.

- Canalones atascados que filtran auga.

- etc.

O edificio non ten nestes momentos o acceso a persoas con discapacidade, tal e como foi denunciado a Policía Local por un grupo de minusválidos que acudiron ao Ateneo o pasado venres día 5. O ascensor non funciona dende que o 31 de maio un técnico de ENOR veu a desconectalo.

--
Sección Sindical CNT do Ateneo Ferrolán