Enquisa HostaleríaDigna

SOV CNT Ferrol solidarízase cos traballadores e traballadoras de MEGASA

Dende que o 31 de maio a empresa comunicou o peche por motivos enerxéticos, fomos asistindo a varias accións sindicais, como a exitosa folga comarcal do 12 de xuño e recentemente a unha concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, todas elas para dar a coñecer a cidadanía os problemas nos que os gobernos do PSOE e PP metéronnos aprobando a orde ministerial IET/2804/2012, con esta nova tarificación, feita a medida para que se beneficiaran as tres principais consumidoras industriais de electricidade do país, as cales non teñen competencia (Alcoa, ArcelorMittal, e Asturiana de Zinc) os compañeir@s vense seriamente prexudicados e incompetitivos no mercado xa que a competidora directa Celsa tamén se cola neste grupo e fai unha competencia desleal.
Este é un problema moi grave, temos que actuar con responsabilidade xa que perigan os empregos de MEGASA, tamén perigan os postos de traballo dos compañeir@s da industria auxiliar  e o máis grave e que non temos outro sitio onde traballar na nosa comarca, os estaleiros están baleiros e a empresa auxiliar vai de mal en peor cada día que pasa, temos que concienciarnos de que a taxa de paro actual e dun 32% é a maior de Galiza, por iso temos que loitar polos postos de traballo.
Dende SOV CNT Ferrol, solidarizámonos cos traballadores e traballadoras de Megasa e a súas empresas auxiliares, pedíndolles unión de todas as clases traballadoras da plantilla, temos que unir os nosos berros contra as leis feitas a medida que fai o capital, para que modifique a lei que prexudica a Megasa e a outras pequenas empresas, está en xogo o noso futuro, está en xogo o futuro das nosas familias e ese futuro depende de nós, temos que loitar polas nosas reivindicacións.