8M: folga xeral feminista

O ERE ilegal na Conselleria de Traballo queda sen denunciar

O que a todas luces semellaba o primeiro ERE na Xunta de Galicia co despedimento este pasado mes de maio de 59 compañeiros/as na Consellería de Traballo e Benestar queda impune sen que ningunha das centrais sindicais institucionais presenten a correspondente denuncia colectiva, a pesar do claro defecto de forma na execución destos despedimentos.

Pola nosa parte, desde a Sección Sindical de CNT na Xunta, a pesar do últimos esforzos realizados, non reunimos a implantación legal necesaria no colectivo de traballadores/as despedidos para poder presentar unha denuncia colectiva contra este ERE ilegal. Este requisito legal só se lle esixe aos sindicatos non representativos como a CNT, os que non participamos do xogo institucional e os que non impoñemos a nosa representación a traballadores/as que non queiran ser representados por nos.

Así, os despedido/as quedan sen a posibilidade de gañar a súa readmisión via conflito colectivo, limitandose ás denuncias xudiciais individuais. Perdéndose, a maiores, a oportunidade de dar un golpe á Xunta como resposta a estos primeiras amortizacións masivas que supoñen a destrución de postos de traballo e o deterioro e desmantelamento de servizos públicos.

E, por se fora pouco, vemos unha vez máis como do proceso de amortización “sálvanse” certas persoas (familiares e amigos de...) feito que non deixa de ser lamentable a pesar da frecuencia coa que se repite nos distintos procesos administrativos.

Na Sección Sindical de CNT na Xunta sempre tivemos claro que unha amortización deste calibre debería tratarse de maneira unitaria por parte de todos os sindicatos, poñendo en común tanto a información como a resposta ante a Administración. Parece evidente que dita unidade sindical non foi máis alá das intrascendentes mobilizacións pactadas entre as cúpulas sindicais dos sindicatos institucionais, sen contar xa non só con esta sección de CNT, senon tampouco cos propios traballadores/as afectados.

Para finalizar, pensamos que noso propio traballo sindical neste caso foi millorable e tomamos nota para demostrar que desde a sección de CNT ofrecemos unha alternativa sindical de garantias á hora de afrontar as futuras amortizacións que xa se están preparando.