Enquisa HostaleríaDigna

Crónica Folga Xeral en Ferrol e Bisbarra o 12 de xuño de 2013

A CNT valoramos positivamente a Folga Xeral desenvolvida polas traballadoras e traballadores das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal demostrando que estamos xa fartos de enganos e mentiras as que sométenos os diferentes gobernos capitalistas.

Ver video

Dende primeiras horas en que un numeroso piquete saímos á rúa, a solidariedade obreira foi un éxito manténdose pechado todo o tecido industrial e comercial. A CNT participou dos piquetes recorrendo e pechando primeiro os polígonos industriais e a continuación o centro da cidade. A Manifestación, convocada polos sindicatos para as 12 da mañá foi multitudinaria, como non podía ser doutra maneira nunha comarca castigada polo paro. A presenza da CNT foi numerosa e estivemos acompañados polos compañeiros de CNT Compostela e por numerosos simpatizantes que corearon as nosas consignas. A CNT de Vigo tamén deu o su apoio a esta convocatoria concentrándose e facendo pegadas en solidariedade coa comarca de Ferrol.