Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Café combativo en San Caetano: "12X: Folga Xeral en Ferrol, Eume e Ortegal"

06/06/2013 11:30

Este xoves 6 de xuño ás 11:30h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Compostela a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia organiza esta charla debate sobre a vindeira Folga Xeral convocada de xeito unitario para o vindeiro mércores 12 de xuño nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Nesta ocasión, para tentar explicar os por qués desta Folga Xeral e da situación que atravesa a comarca de Ferrolterra contaremos coa presenza dun  traballador dunha das empresas auxiliares do naval.

Cartaz do café combativo sobre a Folga Xeral 12 xuño en Ferrol, Eume e Ortegal.

Máis info da Folga Xeral de 12 de xuño nas comarcas de Ferrol Eume e Ortegal: http://www.cntgaliza.org/?q=node/1549.