Enquisa HostaleríaDigna

CHARLA - DEBATE do SOV CNT FERROL

19/05/2013 18:00

CHARLA – DEBATE

O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha
charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e
Historiador das Doctrinas Económicas, no salón de actos do ATENEO FERROLÁN, que leva por título:

" O CAPITALISMO NON ESTÁ EN CRISE, É ASÍ. AS MENTIRAS DO CAPITALISMO.
SOLUCIÓNS ECONÓMICAS E SOCIÁIS"

"A CORRUPCIÓN POLÍTICA, A ESTAFA BANCARIA E O ROUBO CAPITALISTA"

José Luis Velasco Sanz foi secretario da C.N.T. entre os anos 1995 e
1998. Traballador da banca, foi reprimido laboralmente pola súa
actividade sindical no Banco de Crédito Agrícola, posteriormente "Caja Postal". A súa traxectoria como militante en medios anarquistas e obreiros e dilatada. É membro recoñecido da F.A.I. (Federación Anarquista Ibérica) e no seu día da F.I.J.L.(Federación Ibérica de Juventudes Libertarias). Participou na constitución da Fundación Anselmo Lorenzo, entidade que se dedica á difusión e recompilación da cultura libertaria.
Ademais, e militante na C.N.T. madrileña e asiduo colaborador da prensa anarquista, especialmente como comentarista económico.

Desde o SOV da CNT de Ferrol invitámosvos a participar no acto.