Prensa obreira

Proxeción do filme Fóra e coloquio cos directores

21/03/2013 20:00

fóra CNT

A CNT de Compostela proxectará o filme Fóra, filme que, dirixido por Pablo Cayuela e Xan Gómez, conta a historia do barrio de Conxo en función do espazo nuclear do hospital psiquiátrico, en base ao que apresentan diversas reflexións sobre a loita obreira de onte e de hoxe, a psiquitría, a enfermidade... A proxeción será o xoves 21 de Marzo, ás 20:00, no local da CNT (García Prieto, 24-28) e contaremos coa presenza dos directores.

Fóra é unha indagación sobre as historias ocultas dun lugar: o edificio do hospital psiquiátrico de Conxo. Empregando un dispositivo audiovisual que parte da posta en imaxe do documento, a longametraxe xera unha corrente alterna entre as imaxes da institución e as voces, ligadas aos relatos que abeira o edificio ou á lectura de fragmentos literarios e fontes documentais escollidas pola súa capacidade de resonancia no presente. A Historia de Conxo ―imaxe especular da Historia compostelana― vaise esfarelando en pequenas historias que revelan a necesidade de explorar máis polo miúdo o significado social de determinados espazos reprimidos da memoria urbana.