Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Concentración no Parlamento galego

26/02/2013 11:30

Este vindeiro martes 26 de febreiro ás 11:30h. a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convoca unha concentración de protesta diante do Parlamento de Galicia (r/ Hórreo. Compostela) coincidindo coa aprobación dos Orzamentos de 2013.

Nesta ocasión centraremos a nosa protesta no anunciado Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a Xunta pretende facer na Consellería de Traballo e que non é máis que un paso máis no desmantelamento dos servizos públicos esenciais e para a privatización posterior destes servizos.