Enquisa HostaleríaDigna

Resumo e valoración das Asembleas Abertas de Traballadores/as da Xunta en Compostela

Tras a convocatoria das Asembleas Abertas de Traballadores/as da Xunta nos compostelanos centros de traballo de: San Caetano, San Lázaro e Área Central, achegamosvos un resumo do acontecido, presentamos os resultados obtidos e facemos unha pequena valoración que agardamos sexa de proveito para tod@s.

Resumo das Asembleas Abertas

Pablo Paz, o delegado da sección de CNT na Xunta presentou as Asembleas Abertas. Comezouse cun brevísimo repaso da situación actual na Xunta e no resto da sociedade e as escuras perspectivas futuras. A continuación, tratou de trasmitir a utilidade da loita, de defender os dereitos por dignidade e solidariedade e por ofrecermos algo de resistencia. Para iso, a loita debe estar controlada polos propios traballadores/as que van marcando o ritmo da protesta e definen unha estratexia a medio prazo, poñendo como exemplo a loita do sector sanitario de Madrid contra a privatización e a súa estratexia de paros parciais.

Para tentar organizar aos traballadores/as xurde esta iniciativa das Asembleas Abertas que pretenden que os traballadores/as poidamos autooganizarnos para facer a nosa propia loita. Estas asembleas non pretenden ser representativas nin competir con outras, só pretenden agrupar e organizar traballadores/as, chegando a ser asembleas autónomas que deciden e fan os seus propios actos de protesta.

Como primeiro paso desta iniciativa autoorganizativa presentouse unha proposta de “Organización das Asembleas Abertas”. Sinxela proposta que permite ter claro como se deciden as cousas e como se poden achegar propostas, quen as realiza, como coordinarse con outras asembleas, etc. que tivo moi boa acollida entre os/as asistentes.

A continuación, fíxose un repaso de todas aquelas propostas que sendo comentadas e/ou decididas en pasadas asembleas aínda están sen facer. Someténdoas a reaprobación.

Por último, recolleronse outras propostas de accións entre os/as asistentes, buscándolles un caracter imaxinativo e atrevido, e subliñando a inutilidade manifesta de propostas de recollida de sinaturas e de colaboración con partidos políticos.

Resultados

A presenza de traballadores/as da Xunta nestas asembleas foi moi escasa. En San Caetano e en Área Central non houbo quórum para poder desenvolver a Asemblea Aberta polo que o acto resumiuse en presentar a iniciativa e ter un pequeno debate entre as/os asistentes.

Pola súa banda, en San Lázaro os arredor de 25 traballadoras/es presentes decidiron darlle unha oportunidade a esta forma de loita e se decidiu a constitución da Asemblea Aberta de traballadores/as de San Lázaro, o seu modelo organizativo e a realización dun acto de protesta contra a privatización da Sanidade para finais de mes. Por último, acourdouse a celebración dunha vindeira Asemblea Aberta no centro de traballo para antes do entroido. A sección de CNT comprometeuse a difusión das convocatorias.

Valoración

Desde a sección de CNT non podemos valorar postivamente esta iniciativa. A testemuñal asistencia de traballadores/as en San Caetano e Área Central fai imposible a continuidade destas Asembleas Abertas que deberán agardar a demandas futuras dos traballadores/as para reactivarse nestos centros de traballo. Pola súa banda, o positivo feito de que en San Lázaro si bote a andar a iniciativa de maneira “experimental” non esconde a baixa asistencia de traballadores/as.

Entendemos que este fracaso de público pode ter distintas interpretacións e causas.

Pola nosa parte, pensamos que non soubemos explicar a iniciativa das Asembleas Abertas de maneira correcta. Se a isto unimos a curiosa coincidencia no tempo das Asembleas Informativas dos sindicatos institucionais, a confusión foi máxima, e así nolo fixeron chegar moitos compañeiros/as.

Pero esta non debera ser a única lectura. Pensamos que en xeral, e no sector público especialmente, a desmobilización dos traballadores/as é importante e o desánimo resulta evidente. O costume de que outros nos saquen as castañas do lume fai que a nosa implicación persoal na resolución dos nosos problemas sexa escasa, traducíndose ao final, nun déficit de cultura organizativa e nunha resposta prácticamene nula como clase traballadora. O escaso costume de loitar fai que percibamos que non hai nada que se poida facer, non vendo a importante utilidade da organización colectiva para, cando menos, amosar un pouco o noso malestar.

Por iso, aínda que o panorama pinta mal, entendemos que sempre é util saber organizarse e dispoñer dunha certa capacidade operativa para protestar. Pensamos que aprender facendo é o único camiño e que os resultados virán a medio e longo prazo. Así, desde a sección de CNT continuaremos co noso humilde traballo tentando aportar o noso grao de area á recuperación da ilusión na loita polos nosos dereitos.

Resumo e valoración das Asembleas Abertas de traballadores/as da Xunta celebradas en Compostela en xaneiro 2013.

Tras a convocatoria das Asembleas Abertas de traballadores/as da Xunta celebradas en Compostela nos centros de traballo de: San Caetano, San Lázaro e Área Central, achegamosvos un pequeno resumo do acontecido, presentamos os resultados obtidos e facemos unha pequena valoración que agardamos sexa de proveito para tod@s.

Resumo das Asembleas Abertas

Pablo Paz, o delegado da sección de CNT na Xunta presentou as Asembleas Abertas. Comezouse cun brevísimo repaso da situación actual na Xunta e no resto da sociedade e as escuras perspectivas futuras. A continuación, tratou de trasmitir a utilidade da loita, de defender os dereitos por dignidade e por ofrecermos algo de resistencia. Para iso, a loita debe estar controlada polos propios traballadores/as que van marcando o ritmo da protesta e definen unha estratexia a medio prazo, poñendo como exemplo a loita do sector sanitario de Madrid contra a privatización e a súa estratexia de paros parciais.

Para tentar organizar aos traballadores/as xurde esta iniciativa das Asembleas Abertas que pretenden que os traballadores/as poidamos autooganizarnos para facer a nosa propia loita. Estas asembleas non pretenden ser representativas nin competir con outras, só pretenden agrupar e organizar traballadores/as, chegando a ser asembleas autónomas que deciden e fan os seus propios actos de protesta.

Como primeiro paso desta iniciativa autoorganizativa presentouse unha proposta de “Organización das Asembleas Abertas”. Sinxela proposta que permite ter claro como se deciden as cousas e como se poden achegar propostas, quen as realiza, como coordinarse con outras asembleas, etc. que tivo moi boa acollida entre os/as asistentes.

A continuación, fíxose un repaso de todas aquelas propostas que sendo comentadas e/ou decididas en pasadas asembleas aínda están sen facer. Someténdoas a reaprobación.

Por último, recolleronse outras propostas de accións entre os/as asistentes, buscándolles un caracter imaxinativo e atrevido, e subliñando a inutilidade manifesta de propostas de recollida de sinaturas e de colaboración con partidos políticos.

Resultado

A presenza de traballadores/as da Xunta nestas asembleas foi moi escasa. En San Caetano e en Área Central non houbo quórum para poder desenvolver a Asemblea Aberta polo que o acto resumiuse en presentar a iniciativa e ter un pequeno debate entre os asistentes.

Pola súa banda, en San Lázaro os arredor de 25 traballadoras/es presentes decidiron darlle unha oportunidade a esta forma de loita e se decidiu a constitución da Asemblea Aberta de traballadores/as de San Lázaro, o seu modelo organizativo e a realización dun acto de protesta contra a privatización da Sanidade para finais de mes. Por último, acourdouse a celebración dunha vindeira Asemblea Aberta no centro de traballo para antes do entroido. A sección de CNT comprometeuse a difusión das convocatorias.

Valoración

Desde a sección de CNT non podemos valorar postivamente esta iniciativa. A testemuñal asistencia de traballadores/as en San Caetano e Área Central fai imposible a continuidade destas Asembleas Abertas que deberán agardar a demandas futuras dos traballadores/as para reactivarse nestos centros de traballo. Pola súa banda, o positivo feito de que en San Lázaro si bote a andar a iniciativa de maneira “experimental” non esconde a baixa asistencia de traballadores/as.

Entendemos que este fracaso de público pode ter distintas interpretacións e causas.

Pola nosa parte, pensamos que non soubemos explicar a iniciativa das Asembleas Abertas de maneira correcta. Se a isto unimos a curiosa coincidencia no tempo das Asembleas Informativas dos sindicatos institucionais (resumos aquí), a confusión foi máxima, e así nolo fixeron chegar moitos compañeiros/as.