Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.

Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.

"Como os bancos crean o diñeiro"

O dia 19 de Decembro organizouse unha charla-debate no "Espazo Libertario" sé da C.N.T. baixo o seguinte titulo: "Como os bancos crean o diñeiro". A charla foi impartida por un compañeiro do S.O.V da C.N.T de Ferrol, na cal relatou o absurdo do sistema capitalista, e como os bancos crean diñeiro da nada, obviamente non en beneficio da clase traballadora, senón en beneficio propio. Á charla acudiron 30 persoas, que despois da exposicion do tema por parte do noso compañeiro, participaron nun interesante debate sobre como acabar co capitalismo e os seus banqueiros.

"Contra a dictadura dos mercados"

O dia 20 de Decembro realizouse unha concentracion convocada por C.N.T e o colectivo Forxa! diante da cova de "ali baba", concretamente na cova da sucursal de Bankia situada na rúa Galiano. Malia a choiva, o frio e o vento, un par de dozenas de persoas permanecemos á porta da sucursal para denunciar á banca e xa que logo ao capitalismo como orixe de todos os problemas que soporta a clase obreira a dia de hoxe; desahucios, despedimentos, carestia da vida, etc. Non sera ultíma vez que apareceremos pola porta das entidades bancarias para recordarlles a súa responsabilidade no que esta pasando na actualidade. Si pénsan que iremos ao matadero cal cordeiros que se esquezan, si pénsan que teñen gañada a partida teran que demostralo, porque cada dia que pasa somos mais as persoas que vemos que é o capitalismo o responsable desta situacion, e farémoslles pagar a factura de todo a dor e sufrimento que estan xerando.

Aqui un pequeno video que resume a concentración diante de Bankia

"Non ao roubo do Ateneo Ferrolan"

O dia 27 a C.N.T. acudio ao pleno municipal do concello de Ferrol, como acto de protesta polo roubo que o goberno do PP esta facendo co local dunha historica asociacion cultural da comarca como é o Ateneo Ferrolan, un roubo que ten dous fins claramente diferenciados, por unha banda quitarlle espazo ao ateneo lugar de cultura e debate para darllo a asociacións rancias e concordantes coas formulacións do PP ferrolan, como son a inexistente asociacion de veciños da zona centro e a sociedade artistica ferrolana berce de pintores de bodegones e nostalgicos da falange, e por outra privatizar un edificio xa que segun apuntan todos os indicios o mantemento do edificio sera entregado a "Eulen" a empresa da irmá do presidente da xunta de galicia. O edificio do ateneo actuamente tiña un custo cero para as arcas municipais, xa que ata o dia de hoxe o ateneo corria con todos os gastos tanto de mantemento como das 3 persoas que traballan no mesmo. O desenvolvemento do pleno foi cualificado pola prensa local como o mais "bronco" do ano, xa que entre o publico non só estaba a C.N.T. en apoio das súas afiliadas no ateneo que ven como o seu posto de traballo periga pola privatizacion do espazo, senón que tamen estaban traballadores/as de paradores de turismo, e traballadores/as do propio concello. Ao longo do pleno foron constantes as interrupcións por parte do publico para desagrado dunha casta politica afeita gobernar sen que ninguén lles diga catro verdades á cara. No momento da votacion para consumar o roubo do edificio do ateneo a C.N.T. despregou 5 pancartas entre o publico do pleno e os gritos de "non ao roubo do ateneo" interromperon o pleno durante uns cantos minutos, para logo abandonar xunto coa metade do publico o salon de plenos, iso si, recordandoles o que son; "fascistas" vestidos de democratas, pero fascistas á fin e ao cabo.

Aqui un video tomado polo publico do pleno municipal gravado desde un mobil