Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Asembleas Abertas na Xunta de Galicia

Neste inicio de 2013 poñemos en marcha unha nova iniciativa entre os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia: as ASEMBLEAS ABERTAS. Iniciativa que xurde co obxectivo de elaborar entre tod@s estratexias de defensa ante o contínuo deterioro, tanto das nosas condicións laborais, como dos propios servizos públicos nos que traballamos. Isto, sen esquecer a fráxil situación xeral na sociedade de moitos traballadores/as.

Estas Asembleas Abertas para os empregados/as públicos comezarán este mesmo xaneiro na Administración Autonómica de Compostela con 3 convocatorias:

- o luns 14/1/13 ás 11h. no salón de actos nº2 de San Caetano
- o martes 15/1/13 ás 11h. no salón de actos da Conselleria de Sanidade en San Lázaro
- o mércores 16/1/13 ás 11h. no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Área Central

Así, se te sintes maltratado/a por estrenarmos o ano cunha nova rebaixa salarial, se te indignan os interesados rumores sobre a ampliación do horario, se te cabreas cos despedimentos dos compañeiros/as no servizo público de emprego, incluso alucinas coa cesión dos datos dos desempregados/as ás Empresas de Traballo Temporal (xestión privada?),... e xa te parecen unha tomadura de pelo as futuras promesas dos dirixentes políticos/as de proseguir o camiño dE REformas... non sufras en silencio! protesta en colectivo!!

Con esta idea de protestar, organizados desde a base, de maneira estratéxica e atrevida, con ilusión e con sentidiño, nacen estas Asembleas Abertas. Un xeito diferente de facer as cousas, porque os problemas son de tod@s e as solucións teñen que saír de tod@s.