Enquisa HostaleríaDigna

Concentración de apoyo e solidariedade a CNT León polo conflicto FREMAP

Hoxe 28 de novembro, e en mostra do noso apoyo e solidariedade ca compañeira da CNT de León despedida de forma encuberta pola empresa FREMAP, uns compañeiros da CNT na comarca arousana fixeron unha concentración as portas de dita empresa en Vilagarcía de Arousa as 11 da mañá para denunciar a situación e informar ao público cuns panfletos feitos para a ocasión, ademáis de exisir a inmediata readmisión da nosa compañeira. 

fremapA empresa SOCIEDADE DE PREVENCIÓN FREMAP, despois da incorporación da sua traballadora por unha excedencia de maternidade, comunicoulle a nosa compañeira o seu traslado a máis de 400 km do seu domicilio baixo pretextos meramente económicos, e tendo coñecemento da sua situación familiar ao ter ao seu cargo unha filla de corta idade, o que supondría a ruptura do núcleo familiar.

Servíndose dunha normativa laboral que convirte aos traballadores e traballadoras en escravos do Capital, FREMAP aproveitase para botar as empregadas con máis antigüidade e que fixeron uso dos seus dereitos de maternidade.

Se nos tocan a unha, tócannos a todas!

READMISIÓN COMPAÑEIRA DESPEDIDA XA!