Enquisa HostaleríaDigna

19 de Xullo às 20 horas estrea do filme "A Sombra Negra" sobre a história da CNT na Galiza

Proxima estrea na Galiza

Este filme de 35 ´de duración é a 1ª parte dun proxecto emprendido pola CNT Galaica desde hai longo tempo e que terá continuación decontado, con outras duas partes, a 2ª parte que será despois do Golpe militar fascista de 1936 e unha 3ª parte dedicada às mulleres da CNT dado que tiveron unha implicación maior despois do 36. O filme foi realizado desde Compostela en colaboración con todos os sindicatos da Galiza e consistia en acercar-nos a história da Confederación Regional Galaica da CNT através das testemuñas dunha série de compañeiros e compañeiras maiores, que pudemos entrevistar e que desgrazadamente dous deles deixaron de estar entre nós neste último ano (os compañeiros José Iglesias Paz e José Moreno Diaz “Talache”). O próprio título do filme é en homenaxe a Talache que definiu a represión contra a CNT como a “Sombra negra de España”.

A estrea do filme “A Sombra negra” vai-se realizar simultaneamente en oito localidades da Galiza o próximo 19 de Xullo às 8 da tarde
A Coruña : Asoc. Cult. "Alexandre Bóveda" - R/dos Olmos, 16-18-1º
Lugo : C.S. Uxio Novoneyra - R/ Quiroga Ballesteros
Ourense : Pub Antigua Social Club - R/ Doctor Termes F., 22
Xinzo de Limia : O Patio (Veloso) - R/ Constitución 25
Vigo : Local de CNT - R/ Príncipe 22-1º- Local 34
Pontevedra : Local da CNT - R/ Pasanteria,1-3º andar-Local de sindicatos.
Compostela : Galeria Sargadelos - Rua Nova
Ferrol : Ateneo Ferrolán - R/ Magdalena 202-204