Informamos ao seu medio de que na Coruña, hoxe 14 de novembro, non houbo ningún detido da CNT nin ningún incidente "protagonizado" pola CNT. O único incidente que nós podemos reseñar é a identificación por parte da policía local de varios dos nosos militantes cando se dirixían á manifestación, sen que saibamos se houbo algún motivo. Isto sexa dito só porque é a verdade e, quizá, ao seu medio lle importe aterse a ela.
En canto a que haxa xente que lembre a responsabilidade dos sindicatos "máis representativos" na situación actual da clase traballadora, parécenos correcto e que entra dentro da máis elemental liberdade de expresión, e non vemos motivos para que iso teña que provocar ningún altercado nin, moito menos, ningún detido.
Cada Sindicato sabe cales son as súas responsabilidades e nós só asumimos as nosas.
CNT da Coruña