Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

[Video] Continúan as protestas na Xunta

protestas na XuntaEste xoves 26 de xullo tivo lugar unha xornada máis de protesta dos empregados públicos na Xunta contra a situación de crise permanente na que vivimos. Nomeadamente, no edificio central da Xunta en San Caetano concentrámonos arredor de 200 traballadores que non dubidamos en facer un percurso polo interior das instalacións visibilizando o descontento xeral aos compañeiros que permanecian nos seus postos de traballo, dos que moitos se sumaron á comitiva.

Video do percurso polo interior das instalacións de San Caetano:

 

Desde a sección de CNT non podemos máis que animar ao persoal público a seguir protestando, de maneira unitaria, namentres non se pare a sangria contra a clase traballadora.