Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Crónica asemblea San Lázaro 13/7/12

Comeza a asemblea a iso das 9:45 a.m coa metade do aforamento do salón de actos. 

Fai unha breve introdución da situación un representante do persoal. Comenta que nestes momentos hai representantes que están a intentar reunirse co director de Función Publica, pero que éste non os recibiu aínda. Confirma a eliminación da paga extra de  Nadal (e que se rumorea que a de verán pode tamén ser suprimida), redución dos moscosos e que tamén parece que durante os tres primeiros días da IT non se vai cobrar nada. 

Comenta que non se lles está a transmitir ningún tipo de información nin aos sindicatos nin aos representantes de persoal e que se pon á nosa disposición para ver que propostas facemos ( deixa entrever unha proposta que sería unha marcha a Madrid coordinada a nivel nacional). 

Comenta que ao rematar esta asemblea hai unha mobilización ás once,  e que se propón tamen unha manifestación o vindeiro 19/7, mobilizacións todos os xoves e facer unha campaña  de concienciación social acerca do problema que temos. Di tamén que o señor Feijó xa era coñecedor do que se nos viña enriba e que non sería necesario suprimir a paga extra pois non superamos o déficit do 1,5% a nivel autonómico e que CCAA como Navarra se van declarar en rebeldía contra a media de retirar a extra de nadal, xa que a súa situación llo permite e que nos poderíamos facer o mesmo en base a nosa situación económica, pero que non hai vontade política de facelo.

Pásase á quenda de propostas dos traballadores. 

Comenta unha compañeira que se podería deixar de consumir un día á semana e coordinalo a nivel nacional para que tivese mais repercusión. Ela propón o luns. Tamén solicita que en toda compra que se realice ou servizo prestado se pida factura para evitar a fraude do IVE. Aplausos.

A continuación intervén outra compañeira que propón retirar dos bancos a nómina como medida de presión a primeiros de cada mes.

Outra compañeira propón denunciar a fraude que se vexa a todos os niveis.

Outra propón esixir que o pagamento da nómina sexa mediante talón para evitar que pase o diñeiro polo banco. Intervén de novo a compañeira que propuxo non consumir durante unha vez á semana e propón unha medida que no seu día levou a cabo o corpo de letrados que consistía en que en todo trámite administrativo levar ao límite os prazos que a lei permite para realizar éstes e cumprir escrupulosamente a lexislación  vixente (unha especie de folga de celo).

Outro compañeiro comenta que o seu desánimo ante a situación e denuncia que os sindicatos ás veces fan a vista gorda ante determinadas contratacións que realiza a administración. Di que á última folga xeral non asistiu e que se sentiu como un crebafolgas, pero que non o convencía o xeito de levar as cousas por parte dos sindicatos.

Intervén unha compañeira que propón que as concentracións se realicen tamén fora da xornada de traballo para non danar demaisado a imaxen que se ten dos funcionarios.

Posteriormente intervén outro compañeiro e comenta que sería bo promover unha iniciativa lexislativa popular (ILP) onde se plasmase as medidas que o pobo propón ante a situación dada. Tamén di que esta figura está moi denostada no noso ordenamento xurídico, pois polo que él sabe, dende que entro en vigor a lei alá polo ano 84, das mais de 60 ILP a única que prosperou é unha para cobrar as cotas de morosos nas comunidades de propietarios e que a gran maioría as paralizaron na mesa do congreso. Aínda así él propón levala a cabo para incitar unha mobilización popular neste sentido e deslexitimar así á clase política (se é que xa non o está).

Un delegado de persoal comenta que os traballadores tamén temos que colaborar facilitando información para sacar á luz todos os trexemanexes que se dan dentro da administración.

Rematado a quenda de palabra pásase ás votacións.

Vótase non consumir un día á semana e sae aprobado.

Vótase retirar unha cantidade de diñeiro dos bancos a primeiros de mes (na medida das posibilidades de cada un) e sae aprobado.

Vótase que facer as concentracións fóra das xornadas de traballo e apróbase.

Vótase ir a Madrid e apróbase.

Vótase facer concentracións o xoves e apróbase.

O resto das propostas non se chegan a votar.

Levántase a asemblea ás once para realizar a concentración.

Rematado a quenda de palabra pásase ás votacións. Vótase non consumir un día á semana e sae aprobado.
Vótase retirar unha cantidade de diñeiro dos bancos a primeiros de mes (na medida das posibilidades de cada un) e sae aprobado.
Vótase que facer as concentracións fóra das xornadas de traballo e apróbase.
Vótase ir a Madrid e apróbase.
Vótase facer concentracións o xoves e apróbase.
O resto das propostas non se chegan a votar.
Levántase a asemblea ás once para realizar a concentració