Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Ningunha agresión sen resposta

Sección sindical de CNT na Xunta de GaliciaA sección de CNT na Xunta de Galicia apoia e fai un chamamento á participación nos actos de protesta convocados pola representación sindical diante dos centros de traballo da Administración Pública extendendo esta convocatoria á cidadania en xeral.

A realidade parece que o merece: recortes de novo para tod@s (empregados públicos, parados, dependentes, xubilados, mineiros, migrantes, estudantes e traballadores de a pe) e cartos e beneficios para banqueiros e patronal. Todo mentres os representantes políticos dan evidentes mostras de que a democracia está en mans do capital, e non da xente, dos currantes, dos que ao final pagamos de verdade a crise. Un panorama malo, bastante malo, incluso desolador se miramos o futuro... cuns mercados insaciables que volverán a dar segura mostra do seu voraz apetito arrastrándonos a tod@s a un incerto empobrecemento xeralizado. 

Por todo isto, iremos de novo a protestar, a darlles unha resposta, a nosa resposta, a resposta dos de abaixo. Polo menos que vexan que non estamos dacordo coas súas "medidas" económicas... que non tragamos máis!!

Amais desde a CNT pensamos que esta resposta debería ser efectiva, solidaria e mantible no tempo, para o que necesariamente os traballadores deberiamos participar activa e xenerosamente do binomio organización-acción.  

Xa sabes que o que abusa faino ata que lle fan frente... está nas túas mans, loita por ti, loita por tod@s!!

 

Convocatorias:

* Xoves, 12 de xullo

Compostela 11:30 San Caetano (explanada da cafetería) Concentración

Ferrol 08:30 Edificio Administrativo Concentración

Ferrol 11:30 Edificio Administrativo Asembleia

Lugo 12:00 Edificio Administrativo Concentración

Ourense 12:00 Casa de chocolate Concentración

Pontevedra Pendente Edificio Administrativo Concentración

Vigo 11:00 Edificio Administrativo Asembleia e posterior concentración (se se acorda)

Vigo 14:00 Dirección Provincial SERGAS Asembleia. Hora pendente de concretar

Vigo 20:00 Farola Urzaiz Concentración-cacerolada

 

* Venres, 13 de xullo

Compostela 9:30 San Lázaro (salón de Sanidade) Asembleia

Compostela 12:00 San Caetano (salón nº 1 de Presidencia) Asembleia

Coruña 11:00 Edificio Administrativo de Monelos Concentración

 

Subscrívete aos nosos envíos!!

Escrívenos a cnt.sancaetano@xunta.es ou apúntate en: https://listas.nodo50.org/cgi-bin/mailman/listinfo/cnt.xunta 

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

cnt.sancaetano@xunta.es
www.cntgaliza.org/?q=xunta