Parece que as explotacións laborais propias do século XIX seguen moi de moda entre os empresarios de Compostela. Esta vez trátase do bar A da Chara, en Conxo.

A dona deste local mantivo a unha traballadora nas seguintes condicións:
- Sen contrato de traballo.
- Sen cotizar á seguridade social.
- Sen recibir o pago por horas extras nin nocturnas.
- Sen vacacións.
Nesta situación, a nosa compañeira tivo que coller unha baixa duns días por motivos de saúde e, para rematar, a resposta da esclavista dona deste antro foi despedila cobardemente por teléfono e sen preaviso.
Por suposto, non lle pagou nóminas atrasadas nin indemnización nin nada de nada.
CNT Compostela iniciou a acción directa e foi falar coa empresaria que, aínda que asustada ó empezar a entender a gravidade dos seus actos, negou en todo momento coñecer a compañeira e non quixo razoar.
Pois a pesar da súa actitude, CNT Compostela vai estar na da Chara moi a miúdo, pero non a tomarlle café, senón a denunciar a inhumana explotación que a nosa compañeira sufriu alí.
E estaremos na da Chara ata que a dona pague ata o último céntimo do que lle estafou e robou á nosa compañeira.
Porque, insistimos, se nos tocan a unha, tócannos a toda a CNT!
CHARA, PAGA XA O QUE DEBES!






