8M: folga xeral feminista

Concentración xoves 28 en San Caetano

28/06/2012 11:30

En solidariedade cos promotores/as de emprego e contra a privatización constante da Administración Pública, este xoves 28 ás 11:30h. afectados, sindicatos, persoal público e desempregados/as estamos chamados a concentrarnos na porta do compostelano edificio administrativo de San Caetano (a que da á estación de buses) nun acto que irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apoio recollidas nas últimas semanas.

A loita destes traballadores/as públicos non só é polo seu cese anticipado, senon tamén contra o deterioro e futura privatización do servizo público de emprego. Os recentes beneficios lexislativos adquiridos polas empresas de traballo temporal, os ceses xa previstos de máis persoal público para finais de ano nas oficias de emprego, a confirmación sen problemas por parte da Consellería de Traballo do peche de oficinas e do traslado de persoal da Consellería,... fannos ver as verdadeiras políticas de Feijoo e os "amigos" de Madrid para a Administración Pública e para o sensible colectivo de parados.

A súa loita tamén é a túa, acude á concentración do xoves... sabemos que é complicado gañar pero sen pelear seguro que non se consigue nada e polo menos amosaremos resistencia ás políticas privatizadoras e antisociais, amais o colectivo de promotores de emprego recibirán o apoio e cariño dos seus compañeiros e compañeiras.

Máis información e recollida de sinaturas en:

http://www.cntgaliza.org/?q=sinaturaspromotores

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

cnt.sancaetano@xunta.es

9815-46815

www.cntgaliza.org/?q=xunta