Enquisa HostaleríaDigna

Seguen as concentracións en Pangarcos

Desde CNT Compostela seguimos a concentrarnos ante as portas da panadería Pangarcos para denunciar as politicas laborais do propietario do negocio e visibilizar o conflicto que mantemos polo despedimento dunha compañeira.

Un grupo de compañeiras e compañeiros da CNT de Compostela achegouse unha vez máis, o mercores á tarde ata o local da Panadería en Compostela, para informar á veciñanza das prácticas habituais do dono do negocio que teñen no seu barrio. En xeral é palpable o descontento de toadas as veciñas e veciños con este individuo explotador e cada vez as compañeiras senten máis apoio e solidariedade por parte de toda a xente que se interesa no conflicto.

Sen embargo o empresario segue sen querer negociar con nós, pero desde aquí lle dicimos que non imos deixar de facer concentracións, que voltaremos as veces que faga falta para que a compañeira reciba o que por dereito lle corresponde. Coa CNT non se xoga, porque se nos tocan a unha tocan a toda a CNT e porque ningunha agresión laboral vai quedar impune!

 

PANADERÍA PANGARCOS, PAGA O QUE DEBES!