8M: folga xeral feminista

Reconversion + mentiras = Desemprego e precariedade!.

O 10 de Xuño marcaba no calendario unha nova movilizacion na defensa do sector naval. Os comites de empresa de Navantia convocavan unha manifestacion que non pretendia ser unha demostracion de forza da clase traballdora e concretamente dos traballadores do sector naval ferrolán, senon un intento de recuperar a imaxe de cohesion, unidade e control da situacion logo dos incidentes da pasada seman cando os traballadores dos asteleiros entraron pola forza no edificio da Xunta, fixeron unha pequena lumeira na porta do Concello e agarraron polo pescozo ao voceiro do comite de empresa de Navantia-Fene. Nas cupulas sindicais acenderonse as alarmas.

A manifestacion duns 25.000 participantes enfilou a Estrada de Castela ás 12 da mañá no xa habitual ambiente procesional e silencioso dos sindicatos pactistas. En contraste os aproximadamente 60 militantes da CNT, encabezados por unha faixa co lema " Reconversion+Mentiras= Desemprego e Precariedade", chegados dende diferentes puntos da Galiza non deixaron de berrar as suas consignas durante todo o percorrido, dando exemplo de forza e combatividade. Escasamente media hora despois da saida chegaba á Praza de Armas a cabeceira da manifestacion, onde os "acomodadores" dos sindicatos convocantes nos facian un oco pra a nosa faixa. Acto seguido e por parte dun coñecido actor que sorprendentemente non era Wili Toledo, dabase lectura durante uns vinte minutos(¡) a un comunicado no que ¡faltaria mais! o 110% da responsabilidade na crise do naval recaia nos executivos central e autonomico, e ningunha naqueles que, no canto de organizar unha resposta eficaz e contundente dos traballadores, adicanse a desmovilizar e facer de muro de contencion do descontento e combatividade dos obreiros do naval; a cambio como non de substanciosas cantidades en forma de subvencions.

En dous meses case que un milleiro de traballadores das subcontratas de Navantia pasaran a engrosar as filas do paro. Os dias van pasando, entre marchas a pé dos delegados, unhas cartiñas a Bruxelas, un cafeliño coa patronal, sete ducias de velas a San Apapucio, e un longo etcétera de paripés dos profesionais do pactismo. Señoritos dos comités de empresa de Navantia: Somos plenamente conscientes de que deben vostedes moitos favores, pero pregamoslles que deixen de marea-la perdiz.

A unica via que lles queda aos traballadores dos asteleiros é organizarse masivamente nun sindicato horizontal, de traballadores e pra traballadores; que non deba favores a patrons, partidos ou institucions; e recuperar a dignidade de se é preciso morrer matando. Dende a CNT a estratexia é clara: FOLGA INDEFINIDA ata que se garanta a carga de traballo. Non se entregará nin un só barco mais ata ver contratos firmados e bloques nos talleres.