Prensa obreira

Comunicado da CNT en relación a finalización do conflicto con Mercadona en Ferrol.

Da CNT de Ferrol queremos amosar a nosa satisfacción ao coñecer a nova de que Alberto conqueriu finalmente máis do doble de indemnización do que legalmente lle correspondía por despedimento improcedente. Dun total de 70.000 empregados/as que a empresa ten no estado, él foi un dos 148 que secundaron a folga xeral do 29M, e por ese motivo foi despedido. A súa decisión foi aceitar os cartos no canto de ir a pola readmisión, e nós respeitamo-lo.

Dende o noso sindicato participamos solidariamente, xunto con moit@s outr@s traballadores/as, en tres das concentracións convocadas polo sindicato ao que Alberto está afiliado, CCOO. Máis para nós, a loita contra o acoso laboral e sindical en Mercadona non comeza nin remata aquí. A dia de hoxe, a CNT mantén abertos varios conflictos por despedimento en distintos puntos do estado.

Pola nosa banda responderemos a cada chamado de solidariedade con traballadores/as desta empresa que nos cheguen de sindicatos da CNT doutras localidades, como vimos facendo dende hai tempo. E do mesmo modo que nos participamos nas movilizacións por Alberto, agardamos a solidariedade do resto de traballadores/as conscientes que estiveron nas mesmas en futuras ocasións.

A unidade obreira é fundamental para afrontar a batería de recortes e reformas que nos veñen enrriba e, no caso de Mercadona en particular, compre dar unha resposta firme e unitaria a cada agresión aos nosos dereitos laboráis e sindicáis. O patrón, Francisco Roig xa deixou ben claro cal é a súa receita para saír da crise que padecemos @s de abaixo: 'aprender dos chinos' e 'traballar máis'.

Por iso, e por que xa temos visto de todo, apelamos tamén á consciencia deses traballadores e traballadoras que están afiliad@s a calqueira dos dous sindicatos maioritarios para que tomen as medidas precisas e non se repitan casos como o de Granada, onde delegados destes dous sindicatos testificaron contra un compañeiro do noso sindicato nun xuízo, tamén por despedimento improcedente. En prol da tan necesaria unidade obreira, as bases dos sindicatos non poden permitir que as burocracias desvirtúen a loita da clase traballadora.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Maio 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031