Enquisa HostaleríaDigna

109 despidos na Xunta

Desde a sección de CNT na Xunta, a petición dos traballadores/as implicados, solidarizámonos e facémonos eco deste novo capitulo de privatización da Administración Pública, desta volta trátase do colectivo dos promotores/as de emprego de Galicia.
Os promotores de emprego que prestan os seus servizos nas Oficinas de Emprego, plantexan a problemática da resolución anticipada dos seus contratos laborais, suscritos ata o 31/12/2012, e que a Xunta de Galicia pretende resolver anticipadamente con efectos de 30/06/2012.

O colectivo de promotores de emprego apunta como unha posible solución do conflicto a cofinanciación por parte da Xunta de Galicia da partida presupostaria afectada, dun millón setecentos mil euros, compromiso xa adquirido polos Gobernos de Cataluña, Cantabria e pola Junta de Extremadura en palabras do seu Presidente, José Antonio Monago, e en avanzado estudio nas Comunidades de Murcia e Aragón.  

A través da publicación do Consello da Xunta do día 29 de marzo de 2012, faise pública a existencia dunha partida presupostaria de 30 millóns de euros para financiar as políticas activas de emprego, entre elas, o servizo de orientación, creándose, como novidade, o Plan 500 financiado pola Xunta con 4,3 millóns de euros para que os concellos con máis de 500 habitantes en situación de desemprego, poidan solicitalo e dar este servizo. O resto distribuirase entre "entidades sen ánimo de lucro", é dicir, Empresas de Traballo Temporal, Sindicatos, Fundacións, Universidades, Cámaras de Comercio, Patronatos de Empresarios (como por exemplo o de A Coruña, que xa ten aprobado e concedido o presuposto para este fin, segundo nota de prensa publicada).

Por tanto a solución sería redistribuir, por parte do Goberno da Xunta de Galicia, a subvención anual para entidades destinada á contratación deste personal de orientación laboral e así poder evitar a cancelación anticipada das tomas de posesión, suscritas ata finais de ano pero cuxa viabilidade está seriamente posta en cuestión a partir do próximo 30 de xuño.  

No caso de que se suspenda a financiación comprometida para os promotores de emprego non so se estaría incurrindo nunha grave irresponsabilidade por incumplimento dos contratos suscritos a principios de 2011, senón que ademais se estará evidenciando que a súa preocupación non é a xeración de emprego e a inserción dos desempregados, labores que actualmente desenvolve o grupo de promotores.

O colectivo de promotores de emprego esixe que se cumpran os contratos de traballo suscritos no seu día e nas condicións que se firmaron, e recorda que o seu labor é fundamental para facilitar a inserción laboral dos desempregados galegos, un compromiso que os principais partidos políticos inclúen reiteradamente nos seus programas electorais.

Non obstante, o problema repetirase de maneira aínda máis grave a principios do 2013, se os contratos dos promotores de emprego non se prorrogan dado que é este personal técnico, o que na actualidade está dando soporte real nas oficinas do servizo público de emprego, realizando labores de estructura ante a ausencia de efectivos suficientes.

Por último, convidamos a todos os traballadores/as afectados a participar da reunión do colectivo que terá lugar este xoves 7 de xuño ás 18h. no local da CNT en Santiago de Compostela (r\ García Prieto, 24-28) e/ou a poñerse en contacto con esta sección sindical de CNT co fin de informarse e coordinarse.

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es
9815-46815
www.cntgaliza.org/?q=xunta