Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Café combativo San Caetano "O que sempre quixeches saber das asembleas..."

31/05/2012 11:30

A sección de CNT na Xunta organiza este xoves 31 de 11:30 a 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano unha nova edición do "café combativo" co título "O que sempre quixeches saber das asembleas... e nunca te atreviches a preguntar".

Nesta ocasión falaremos e tentaremos responder ás dúbidas dos asistentes sobre as asembleas de traballadores/as como parte fundamental da capacidade de auto-organización e protesta da clase traballadora. Realizaremos amais unha breve análise das asembleas de empregados/as públicos de principio de ano.

Enmarcamos este acto como preparación para as reformas que nos esperan nun futuro non moi lonxano.

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

cnt.sancaetano@xunta.es

9815-46815

www.cntgaliza.org/?q=xunta