Prensa obreira

Última sesión do curso de cooperativas CNT Compostela

23/05/2012 20:00

Achégase o final do curso de cooperativas e o último día, este mercores 23, ás 20:00h, contaremos cos compas de Como Cabras, que virán a comentarnos a súa experiencia cooperativa e falarnos un pouco dos problemas e trabas que atoparon para empezar, así como onde atoparon axudas.

Como Cabras cooperativa naceu no 2006 en Castro Caldelas. Os catro socios xa tiñan experiencia cooperativista ó iniciar o proxecto de explotación gandeira de caprino. Ademáis do afamado queixo Touza Vella, elaboran artesanalmente outros productos derivados do leite de cabra.

Por último, para este día temos pensado facer unnha merenda cooperativa para facer uso do que se pudo aprender no curso. Nesta merenda, cada un levaremos algo para comer ou beber, que compartiremos ao finalizar a palestra dos compas da cooperativa.

Agradécese o envío dun mail co que tendes pensado traer para organizar un pouco variedades e cantidades. Senón podedes traer nada pero queredes vir igual, enviade un mail para avisar.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Outubro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031