Prensa obreira

En memoria de Vicente Vales e Emilio Costas

Queríaselles sepultar no presidio por moitos anos por un delito que, de telo cometido, nunca mais xusto e razoado posto que tendía a evitar, e evitou, males maiores.

Fragmento da noticia da absolución no xornal Solidaridad Obrera.

Este 17 de Maio celébrase o dia das letras galegas, nesta ocasión adicado ao industrial vigués Valentín Paz Andrade.

Nós imos facer a memoria dos pobres, dos humildes, dos perdedores. Dos nosos compañeiros, que foron heroes.

Dos que tiveron a raiba, a dignidade e o valor de pegarlle cinco tiros ao canalla de Paz Andrade.

Chamábanse Vicente Vales Lorenzo e Emilio Costas Fernández, e eran anarquistas.

Vicente Vales (1897-?) era mariñeiro, nado en Xubia, Ferrol, secretario da sección Flota Pesqueira do SGT de Vigo en 1930; secretario do Sindicato de Industria Pesqueira de Vigo en 1931; contador da Federación Rexional da Industria Pesqueira en 1931; secretario do SIP de Vigo no 1932, asina as bases de arreglo do conflicto de Bouzas en setembro de 1932; detido en novembro de 1932, polo tiroteo con Paz Andrade no transcurso da folga pesqueira; encarcerado e xuzgado en novembro de 1933. Pídenlle 14 anos de cadea, finalmente é absolto.
Da súa sorte durante a guerra e despois desta só sabemos que rematou os seus días no exilio en Venezuela.

Emilio Costas (1913-1936), panadeiro en Vigo e Tui, colaborador do xornal “Mar y tierra”, é detido xunto a Vicente Vales en 1932 polo tiroteo con Paz Andrade. Tiña 19 anos. Dende o cárcere escribe no diario CNT denunciando as pésimas condicións dos reclusos. En 1933 é xuzgado e pídenlle 18 anos de prisión. É absolto. En 1934 tentan aplicarlle a lei de vagos en Tui. Partcipa no Congreso de Zaragoza de 1936 en representación do Sindicato de Alimentación de Tui, o Sindicato de Construcción de Tui e o Sindicato de Oficios Varios de Guillerei.
En xullo de 1936 combate en Tui aos militares e é fusilado xunto ao seu irmán José no monte Aloia. Duas semanas mais tarde son fusilados o seu irmán pequeno Alejandro e o seu pai Antonio, tamén tras enfrontarse ao exército fascista.

Mentres tanto, no ano 1938 o “galeguista” Paz Andrade xa se estaba reunindo cos industriais pesqueiros de España.

Imos rematar este breve artigo cun fragmento traducido da nota que a CNT lle envía á redacción do diario El Pueblo Gallego trala detención dos dous militantes:

Nós somos inimigos de todas as violencias; é mais, repúgnanos o seu emprego; as nosas aspiracións de fraternidade e humanismo repélense co procedemento do Talión: pero claro, non somos tolstoyanos, nin ghandsitas e menos aínda partidarios de Xesús: ao vernos acosados habémonos de defender, pois nós, que carai! tamén somos homes con sensibilidade, acaso de excesiva sensibilidade.

Nos nosos peitos toscos, só se cobixan ideas xenerosas e un amor inconmensurábel a todos os seres humanos; se odiamos, é ao sistema a todas luces inxusto no que se desenvolve a humanidade, que podendo vivir todos relativamente ben, non concebimos nin humana nin equitativa a irritante desigualdade que existe no mundo.

Non somos asasinos nin cordeiros, se nos atacan responderemos onde sexa e como sexa; iso e nada mais que iso somos.

Viva a loita da clase traballadora!

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Decembro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031