8M: folga xeral feminista

Non máis tomaduras de pelo

Seccion sindical CNT Xunta de Galicia

Nos últimos tempos, vemos con preocupación como avanzan os chamados axustes, recortes, reformas... como perdemos dereitos, poder adquisitivo, como aumentan os prezos, como se despilfarran cartos públicos, como avanzan as privatizacións do público estando xa no punto de mira a sanidade e a educación... todo mentres, a modo de broma pesada, o sistema gotea diariamente escandalosos casos de corrupción político-empresarial en todos os seus estratos: desde o concelleiro ata o Rei “elefante”. 
En definitiva cómo nós, o derradeiro escalón da sociedade paga os erros que os poderosos cometen de maneira impune... e como nos xustifican todo isto coas súas mentiras plagadas de incomprensibles explicacións "económico-financeiras" de difícil entendemento. 
Como último exemplo vemos o caso de Bankia, cun burato de varios miles de millóns no seu balance, co estado que sae raudo ao seu rescate aportando os cartos que aforra na nosa sanidade e mentres, o señor Rato nomea sucesor e marcha tan tranquilo exento de maior responsabilidade.
Ante esta tomadura de pelo que vemos diariamente, desde CNT lonxe de resignarnos preferimos loitar polos nosos dereitos e pola nosa dignidade, en definitiva facer algo para poder ter unha vida e para que tamén a teñan os que nos rodean e os que veñen detrás. 
Sabemos que non é un camiño sinxelo pero pensamos que é o que temos que facer. E para facelo non esquecemos os nosos sinais de identidade: a independencia dos partidos políticos e do estado polo que non queremos as súas subvencións e só nos financiamos coas cuotas dos afiliados, o funcionamento asembleario que permite a toma de decisións horizontais entre os traballadores, o apoio mutuo que nos fai sentir os problemas dos outros coma propios, o non arrogarnos en falar en nome da xente pois só representamos aos nosos afiliados, o non ter liberados senón adicar voluntaria e gratuitamente parte do noso tempo para levar adiante esta loita, o sentimento internacionalista...
E nesta traxectoria seguiremos, tentando implicarvos aos traballadores e traballadoras neste proxecto, convencidos de que xuntos podemos cambiar as cousas... seguiremos buscando a túa implicación e a túa participación... non pensas que é hora xa de botar unha man?? 
 
E xa sabes... se ninguén traballa por ti que ninguén decida por ti!!