Enquisa HostaleríaDigna

Concentración no Mercadona de A Gándara en Ferrol

Compañeiros e compañeiras do Sindicato de Oficios Varios da C.N.T. de Ferrol estivemos hoxe na concentración convocada por varios sindicatos e colectivos sociais fronte ás portas do Mercadona de A Gándara, para amosar a nosa repulsa ao despedimento de varios traballadores desta empresa por teren participado na Folga Xeral do 29M.

Dende a nosa organización, non podiamos deixar pasar esta nova oportunidade de manifestar o noso absoluto desprecio polas prácticas caciquís e escravistas que, en materia de relacións laboráis, se aplican nesta empresa coa que o noso sindicato mantén múltiples conflictos ao longo do estado e dende hai unha morea de anos. Esiximos que cesen o acoso laboral e maila persecución sindical aos traballadores.

Nos hoxe movilizamo-nos xunto con CCOO e UXT, entre outros sindicatos, en solidariedade cos traballadores inxustamente despedidos, máis tampouco imos esquencer a atitude cómplice coa dirección da empresa que manteñen algúns delegados dos dous sindicatos maioritarios, chegando a ter declarado en favor da empresa en xuízos por despedimento de compañeiros da C.N.T. como aconteceu recentemente en Granada.