Prensa obreira

Un novo paso cara adiante do sindicalismo verticalista

Onte, 10 de maio, convocáronse diversas manifestacións en defensa do ensino público e varios sindicatos sumáronse ás mesmas.

Na Universidade de Santiago de Compostela (USC) aconteceu un feito insólito: a Xerente foi a convocante.

Resulta que ese cargo institucional deu permiso ao persoal para asistir á manifestación que estaba convocada para as 12 horas e concedeu dúas horas para ir á mesma.

Curioso proceder de quen, en principio, non está facultada para acortar a xornada laboral. E curioso que concedera o permiso, das 12 ás 14 horas, a petición dunha descoñecida "Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública", que ten como voceiro a un ex-cargo político do goberno bipartito.

O "sindicalismo vertical monárquico" estase lucindo unha vez máis: hai que recurrir aos Xerentes para encher as manifestacións "unitarias" con algo máis ca liberados sindicais. Para a vindeira ocasión, que fagan como Franco: que os leven en autobús e lles dean un bocata de mortadela.

Penoso panorama que permite que hienas como Esperanza Aguirre tomen a cachondeo o labor sindical.

E máis penoso resulta que traballadores da Función Pública poidan ausentarse dos seus postos de traballo "sempre e cando os servizos queden debidamente cubertos", dí a Xerente: un motivo máis para xustificar unha reconversión: se a metá da plantilla dun centro marcha a unha manifestación, con permiso da patronal, e os servizos quedan como se estiveran alí traballando, entón... e que sobra a metá da plantilla.

Un novo paso cara adiante do sindicalismo verticalista. Así estamos, e así vai lucirnos o pelo.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Novembro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930