Prensa obreira

Celebración do 1º de Maio en Pontevedra

A CNT de Pontevedra saíu á rúa o primeiro de maio nunha manifestación convocada xunto coa CGT. A marcha iniciouse na praza da Ferrería e contou coa asistencia dun nutrido grupo de afiliados e simpatizantes da mesma Pontevedra pero tamén procedentes da veciña vila de Marín, asi coma de outras: Vilagarcía, O Grove, Cambados, etc. Tamén se uniron membros da asamblea local do 15M, congregándose un nutrido grupo de manifestantes que dan boa mostra do interese que as propostas anrcosindicalistas despertan na nosa área de influencia. Rematado o percorrido diante da subdelegación do governo, tivo lugar a lectura de sendos manifestos. A CNT subliñou a necesidade de afianzar unha militancia comprometida, formada e belixerante para poder prantar cara ós retos que se nos plantexan nun esceario de precariedade, recortes e desregulación laboral. Advirteu do perigo reformista que só pretende parchear o sistema para garantir a súa pervivencia a costa do sacrificio da clase traballadora e destacou a vixencia dos plantexamentos libertarios, en especial da folga xeral revolucionaria, para enfrontar a loita que nos agarda. A xornada rematou no locar do sindicato cun xantar no que a camaradería, como non podía ser de outro xeito, foi a nota destacable.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Novembro 2011 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930