Prensa obreira

Crónica da última concentración no Toural

O pasado mércores 25 de abril, malia unha pertinaz choiva fría, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos na praza do Toural, tal e como vimos facendo dende hai muitos meses dentro da campaña "Nin recorte de dereitos nin reforma laboral".

As condicións no eran moi favorables, chovía a cachón e achegábase a hora do fútbol, polo que as rúas estaban case baleiras. Aínda así a xente parou a escoitarnos e repartimos todalas octavillas que levabamos. Ata se viu a un policía lendo unha delas con interés!

Despois da folga do 29 de marzo, é moi necesaria a nosa presencia na rúa para denunciar os abusos da alianza Estado-Capital, para dar a coñecer as diferencias entre sindicalismo e pactismo de pesebre e para loitar polos dereitos da clase traballadora.

Porque a loita pola dignidade continúa.

Saúde.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Abril 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930