Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Homenaxe na Silva

Celebrou-se o 15 de xuño unha homenaxe aos homes e mulleres da Silva, aldea a carón da Coruña coñecida pola sua combatividade social nos anos da república, e que sufriu consecuentemente unha durísima represión, dirixida contra os grupos e ateneus anarquistas e comunistas e contra calquera que tivera a máis remota conexión con eles. A homenaxe foi organizada pola COmisión pola Recuperación da Memória Histórica da Coruña, e contou coa participación de Eliseo Fernández, membro da CNT.

Este acto é unha continuación da série de homenaxes celebrados na Coruña nos lugares concretos onde a represión foi máis forte. Anteriormente celebraran-se no Campo das Ratas, lugar habitual dos "paseos", e no Portiño, onde foi desarticulada a rede de fuxidas por mar organizada pola CNT para dar unha saida a calquera que quixese escapar dos asasinos fascistas.