Compostela. 9 Abril, 2012 - 19:09
11/04/2012 19:00

Despois do éxito da xornada de folga do pasado 29 de marzo, consideramos importante seguir loitando na rúa na defensa dos nosos dereitos e contra os ataques do estado e do capital.
Por iso, dentro da campaña Nin recorte de dereitos, nin reforma laboral, convocamos unha concentración na praza do Toural este mércores, 11 de abril, ás 19.00.
Quedaremos ás 18.15-18.30 no local para recoller as cousas.
Esperamos a vosa asistencia.
A loita pola dignidade continúa!






