Prensa obreira

VIGO EN FOLGA 29M

A nosa xornada de información e concienciación comezou xa o día 28 pola noche ás 21:30h nas portas da factoría de Citroën con compañeir@s de CUT e CGT, para intentar paralizar o turno de noite, que finalmente no apareceu a traballar. A esa hora a presencia policial era inexistente. Tras uns minutos moi tranquilos, decidimos dar un longo e ameno paseo polo asfalto vigués berrando todo tipo de consignas, sen maiores incidentes e incluso con certo apoio da veciñanza, ata que tres patrullas policiais nos solicitaron que fosemos pola beirarrúa de forma "ordeada".

Cando deron as 12, cadrounos fronte ás portas de Domino's Pizza; tras uns minutos de presión, logramos baleirar o local. Despois procedimos a seguir pechando algúns bares máis polas zonas de Urzaiz, Rosalía de Castro, etc., xeralmente con bastante disconformidade por parte da clientela. Coma anécdota, comentar que un dos bares pechados é propiedade dunha afiliada do BNG e que estes clientes disconformes eran afiliados, á súa vez, de Esquerda Unida. Nun momento dado, a nosa marcha conflúe coa da CIG, o que, en certo modo, nos deu máis amparo para informar nos diversos lugares que pretendían permanecer abertos. No último instante da nosa primeira marcha nocturna, a policía interceptounos e, con moita educación (non é broma), pedíunos que "moderasemos" a nosa actitude. Pouco despois fomos tomar un descanso.

Ás 5 da mañá fixemos novamente acto de presencia na porta principal de Citroën, con máis xente doutros sindicatos, pero tamén cunha importante presencia policial. Ante a escasa afluencia de esquirois, decidimos trasladarnos á porta de Vitrasa (autobuses urbanos de Vigo) para poder supervisar in situ a actividade dos servizos mínimos, os cales, segundo semella, nin tan sequera foron cumpridos. A omnipresente presencia policial non actuou con excesiva violencia, aínda que, coma sempre, abusaron da súa "autoridade" empurrándonos contra unha zona contraria aos nosos intereses. Oito furgóns policiais contra unhas cen persoas.

Tras un novo descanso chegou o momento da manifestación unitaria. Con case unha hora de retraso debido á grande cantidade de xente que saturou o centro de Vigo, a manifestación de CNT, CUT, CGT, STEG e diversos sindicatos e asociacións de todo tipo partiron de Praza de España e foi por Venezuela, Camelias, Romil, Alfonso XII, Elduayen, rematando na Porta do Sol, un percorrido separado do resto de sindicatos “grandes”: os nosos camiños non son os mesmos. En total, o centro da cidade estaba abarrotado con case 200.000 persoas, algo nunca visto na nosa cidade dende facía moito tempo. A nosa tamén foi absolutamente multitudinaria. Centos, miles de persoas quedaron a escoitar os distintos mitins das diversas centrais sindicais: un mitin sen concesións, sen dar opción ningunha a cualquera negociación da reforma, un mitin unitario e potente, pero con cada quen sen renunciar ás súas siglas.

Pola tarde, despois dun xantar no local, CNT Vigo fixo un par de saídas máis, tratando de pechar aqueles locais que os nosos escasos medios nos permitían. Sobre as 18h, unha horda de piquetes (preto de 3000 persoas) de sindicatos “representativos” e non tan maioritarios, aos cales nós nos sumamos, percorría as rúas de Vigo, lembrando a civís e empresari@s que a folga pola tarde todavía no rematara. Afortunadamente, pasaron tantas veces as hordas de piquetes polas tendas do centro que, pese á insistencia da xentuza esquirola en abrir de novo, non puideron traballar.

Fronte ao edificio da Xunta de Galicia, CCOO e UGT deron o seu moi longo minuto de gloria con cadanseus mitins, mentres a xente berraba “Unidad Sindical”, lema que non secundaron nin el@s mesm@s, pois decidiron disolver o piquete: moita xente marchou, pero tamén moita xente quedou. A folga continúa ás 19h. Percorremos as grandes vías da cidade, paralizándoa ao completo: nin comercios abertos, nin tráfico circulando. A cidade estaría deserta de non ser pola nosa macromanifestación-piquete. Subimos Urzaiz, baixamos Gran Vía, coa policía axudando a pechar locais: “mira, estaría ben que fosedes pechando porque aí vos veñen os piquetes”. “Gracias, señores axentes”. Chegamos ao centro comercial de Gran Vía e os piquetes dividímonos para estudar todas

as entradas ao mesmo, que, por suposto, xa estaban custodiadas polos “piquetes do poder”, como alí mesmo se berrou. Tras un rato alí, os piquetes de verdade iamos viñendo a menos, decidindo marchar definitivamente ás 21h. Seica algúns grupos en solitario continuaron o piquete, pero xa as opcións de pechar todo o comercio que decidira abrir despois do noso paso (a iso das 20h) eran bastante complicadas.

A cara áceda desta xornada vivírona @s nos@s compañeir@s de Ponteareas e do núcleo confederal de Ourense: os primeiros con dous identificados e unha noite bastante longa, onde nesta cidade o pasotismo foi absoluto, e en Ourense con dous detenidos.

Mais, sen esquecer a solidariedade con est@s compañer@s represaliad@s, debemos concluír que a folga foi un éxito rotundo en Vigo: os diarios e internet falaban dun 95% de seguimento. Ás 19h, a cidade todavía durmía a nivel mercantil e a concienciación d@s cidadás e cidadáns de que esta folga era realmente importante secundala e pelexala foi unánime. Algo que non sucedía en 30 anos de historia na nosa cidade.

¡¡Compañeir@s obreir@s, a pola indefinida!!

SOV CNT-AIT Vigo

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Abril 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930