Prensa obreira

Crónica da folga xeral en Compostela

As compañeiras e os compañeiros do Sindicato madrugamos para participar na folga xeral e contribuír ao seu éxito.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende as cinco da mañá formamos algúns dos piquetes que, tras impedir a saída dos autobuses urbanos do parque empresarial da Costa Vella, percorreron o case deserto polígono do Tambre, onde se produciu a detención dun compañeiro e unha compañeira simpatizante. Case desertos estaban tambén os polígonos do Milladoiro e da Costa Vella.

Despois pasamos a desenvolver a mesma actividade nas rúas do Ensanche de Compostela, onde houbo que informar ás farmacias e algúns comercios sobre o que é unha folga. En xeral, a gran maioría do comercio permaneceu fechado. Os poucos que estaban abertos, á nosa chegada contaban deseguida coa continua presencia da policía, que actuou en todo momento como o que é, un exército privado ao servizo do estado e o capital.

Chamou a nosa atención o caso do bar “El siete”, cuxo empresario se refuxiou cobardemente no interior do seu local deixando que fose unha avergonzada empregada a que defendera os seus intereses contra si mesma. O bar acabou por fechar e o indigno personaxe marchou protexido polas forzas policiais.

Ás doce e media participamos na multitudinaria manifestación convocada por nós e pola CUT, con saída dende a praza Roxa, que percorreu unha cidade pechada pola folga nun animado e fraternal ambiente de unidade da clase traballadora no que simpatizantes e compañeiras de loita corearon os nosos lemas con sincera emoción. A manifestación concluiu coas intensas palabras do compañeiro Martín e de Mari, compañeira da CUT, na praza de Fonseca, xusto antes de recibir calorosamente aos compañeiros detidos e marchar a comer.

A universidade permaneceu fechada todo o día, a Xunta estivo en todo momento case baleira (80% de paro) e a televisión non puido nin emitir as noticias das 20.30 en directo. Non houbo servizos mínimos nos autobuses interurbanos e os poucos voos que saíron fixérono ás últimas horas da tarde.

Unha vez máis paramos a máquina!

Agora é tempo de facer autocrítica.

A desunidade sindical amosou a súa cara máis fea na actitude dos sindicatos “profesionais” para cos outros, nós entre eles. No entanto, non tiveron reparos en falar de unidade sindical á hora de convocarnos a todos.

Notamos que algúns traballadores e o pequeno comercio, como ven sendo habitual, insistían no seu “dereito a traballar nun día de folga” no nome da democracia, repetindo sen pensar o perverso argumento co que a gran maioría dos medios machucounos nas últimas semanas. Ao noso entender, temos un traballo pendente que facer para contrarrestar ese influxo constante. Será un traballo colosal, pero non por iso o temos que esquecer.

Á tarde, unha gran maioría dos comercios de Compostela e a súa bisbarra abriron como se a folga só fose cousa de medio día. Non houbo ánimos para facer piquetes. É vital lembrar que se desvirtuamos o uso das nosas ferramentas, das nosas palabras e das nosas accións, todas elas conquistadas tamén ao poder mediante a loita, igual que os nosos dereitos, as desaxustamos e deixan de ser precisas. Non o permitamos.

En xeral, a nosa valoración é boa, o que se conseguiu pola mañá foi un éxito, pero non debemos esquecer os nosos erros e puntos débiles para corrixilos.

Porque a loita continúa e temos que prepararnos para as seguintes.

Viva a loita da clase traballadora!

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Outubro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031