Xunta. 16 Marzo, 2012 - 11:36
21/03/2012 11:30
O vindeiro mércores 21 ás 11:30h, a sección de CNT na Xunta organiza unha nova edición do "Café combativo" en San Caetano, desta volta para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.
Amais explicaremos os motivos que, para alén desta reforma, fan imprenscíndibel secundar a convocatória de folga xeral do 29 de marzo por parte do conxunto da clase obreira.
Non faltes, infórmate e actúa!!
Anexase o cartel e agradécese difusión.
Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es
9815-46815
www.cntgaliza.org/?q=xunta






