Prensa obreira

Asemblea Aberta de Traballador@s: 15/3/12

15/03/2012 20:00

asemblea aberta

 

A CNT de Compostela chama a todos os traballadores e traballadoras de Compostela a participar nesta Asemblea Aberta o dia 15 de marzo na Praza do Pan (Cervantes) ás 20.00h, asemblea que é impulsada, entre outras organizacións, pola própria CNT.

Ante a situación de colapso do sistema capitalista que estamos a pagar tod@s, soamente a mobilización cidadá pode acabar coa precariedade laboral, os recortes sociais e a pauperización dos servizos públicos. Tan só coa participación activa das traballadoras e traballadores acadaremos un sistema de relacións dignas.

Por isto, participa na Asemblea Aberta Traballadoras o día 15 de marzo na Praza do Pan (Cervantes) ás 20.00h.

Traballadores e traballadoras, estudantes, parad@s, traballadoras domésticas, xubilad@s, inmigrantes, etc.

Polo reparto do traballo e da riqueza
Somos persoas e querennos servos e servas
A historia cámbiase na rúa!!

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Setembro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930