Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 9/3/12

Iniciase a asemblea de traballadores ás 10:10 no salón de actos de San Lázaro. A orde do día proposta polos sindicatos consta de dous puntos, o primeiro sobre a situación actual das medidas no emprego público e vindeiras actuacións a adoptar e o segundo sobre a retirada da axuda ao transporte por parte da Xunta. 
Respecto ao primeiro punto unha representante de persoal agradece a resposta por parte dos traballadores ás mobilizacións convocadas e que a recollida de firmas solicitando a retirada do proxecto de lei foi un éxito ao alcanzar a cantidade de 4.000 signaturas. Comenta que ese é o camiño a seguir e que se seguirán convocando mobilizacións. Ademais di que hoxe mesmo hai unha mesa sectorial de sanidade en en San Lázaro e que hai preparada unha mobilización. Tamén di que para o 22 de marzo hai previstas concentracións en toda Galicia e nos anima a asistir. Tamén menciona que se vai dar de alta unha conta de correo electrónico para que todo aquel que queira facer suxestións poida mandalas a esta. 
Ábrese unha quenda de preguntas e un compañeiro comenta que na última asemblea celebrada se aprobou unha proposta de iniciar un proceso de iniciativa lexislativa popular para presentar unha alternativa aos recortes propostos pola Xunta na mesa do parlamento e se interesa polo estado de tramitación desta. Un dos representantes comenta que se ben non se empezou a mover a cousa aínda  hai intención de iniciala. Non habendo mais comentarios pásase ao seguinte apartado.
Respecto ao segundo punto que atinxa ao tema do transporte infórmannos que a partir do un de abril desaparece a subvención da Xunta ao transporte tanto urbano coma interurbano, ao desaparecer o fondo de acción social, en concreto o programa 123A. Comentan que hai un borrador de convenio que sería interesante asinar antes desa data para que manteñamos o desconto que fan as compañías de transporte interurbano (Monbus e autos Freire) que alcanza o 62% do prezo do billete. 
Ábrese unha quenda de preguntas, e unha compañeira intervén comentando as malas condicións nas que se viaxa nos autobuses e que nos tratan como a gando (calificativo que corroboran outros compañeiros). Ademas di que podemos contratar o transporte con outra compañía que non sexa Monbus e que é cuestión de pedir ofertas. Ademais ofrécese ela para contactar con estas. Outro compañeiro menciona que en Vigo as compañías pequenas de transporte se agruparon en Travibus e que conseguiron arrebatar a Monbus o transporte de pasaxeiros dos cruceiros. Intervén a compañeira anterior e di que é cuestón de facer unha asociación de usuarios e que esta fose a que contratara o transporte. Xorde entre os asistentes a dúbida de se unha compañía pode facer o mesmo traxecto que Monbus sen ter a concesión que ten este último e comenta outro compañeiro que si, sempre e cando no contrato que se asine figure que a finalidade é o transporte oficial de obreiros. Hai sucesivas intervencións de compañeiros onde a tónica xeral son as queixas polo servizo e ademais faise incapié na ganancia para a empresa, pois somos ao redor de 1000 usuarios e é un diñeiro que a empresa cobra o dia primeiro de cada mes por un servizo que prestará ao longo deste e que se lla podería premer para que xa que se quita o 40% de subvención que tiña o bono mensual, se incremente a porcentaxe de desconto que fai a compañía en caso de renovar o convenio con esta. Móntase algo de balbordo e decídese por proposta dun dos representantes dos traballadores que se monte un grupo de traballo para que representantes de traballadores que utilizan os servizos de transporte interurbano e de usuarios de cada un dos puntos de destino estuden as diferentes propostas. Toman notas dos teléfonos dos voluntarios para intermediar en nome dos usuarios e se queda para unha reunión con estes o próximo luns. 
Finalizamos a asemblea a iso das 12:00.