Compostela. 12 Marzo, 2012 - 17:30
14/03/2012 20:00
14/03/2012 20:00
O próximo mércores 14 terá lugar no centro sociocultural
Aurelio Aguirre (praza Aurelio Aguirre,1, en Conxo), ás 20.00 horas, a palestra informativa "A reforma laboral: motivos para unha folga xeral".
Dentro dos preparativos para a folga xeral, na palestra analizaráse a reforma laboral e as súas repercusións como o que é: un dos mais graves ataques contra a clase traballadora e os nosos dereitos conseguidos durante séculos de loita.
Lembrámosvos que durante o mes de marzo levaránse a cabo os seguintes actos en Compostela, en preparación para a folga do día 29:
- Sábado 17 de marzo, 17.00 horas, concentración no mercado de Bertamiráns.
- Mércores 21 de marzo, 19.00 horas, concentración na praza do Toural.
- Sábado 24 de marzo, 12.00 horas, manifestación (saída dende o Palco de Música, na Alameda).
Esperamos vervos a todas e a todos.
A LOITA ESTÁ NA RÚA!






