Compostela. 5 Marzo, 2012 - 23:34
07/03/2012 19:00

Dentro da campaña "Nin recortes de dereitos nin reforma laboral" e coa intención de preparármonos ainda máis cara á próxima folga xeral, CNT Compostela convoca a toda sua afiliación ós seguintes actos no mes de marzo.

- Mércores 7 de marzo, 19.00 horas, concentración na praza do Toural.
- Sábado 17 de marzo, 17.00 horas, concentración no mercado de Bertamiráns.
- Mércores 21 de marzo, 19.00 horas, concentración na praza do Toural.
- Sábado 24 de marzo, 12.00 horas, manifestación en Compostela (saída dende o Palco de Música, na Alameda).
Cos graves ataques por parte do goberno que as traballadoras e traballadores estamos a sofrer, non podemos quedar á espera.
Esperamos a todas e todos.
A LOITA ESTÁ NA RÚA!






