Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 23/2/12

Iniciamos a asemblea ás 10:15 am. no salón de actos de Sanidade con menos xente que na última reunión do 9 de febreiro, pero aínda así uns 3/4 de aforo. 

Toma a palabra unha representante dos traballadores e dá as grazas pola masiva asistencia ás mobilizacións e indica que esta é a liña a seguir. Toma a palabra outro representante dos traballadores e di que aínda que o martes que veñe se aprobe o proxecto de lei no parlamento queda a opción de recurrilo ante o tribunal constitucional e mesmo interpor un recurso directo ante o tribunal europeo por incumprir a normativa desta institución respecto ao persoal interino. 
Dito o cal, outra representante dos traballadores fai un repaso de como quedou definitivamente o tema dos recortes no proxecto de lei e recalca que a mellora introducida respecto da incapacidade temporal (IT) que é produto das mobilizacións de sindicatos e traballadores. Fala outro representante e di que é necesario seguir coas mobilizacións, e que se pode facer un peche o vindeiro luns pola tarde e noite no centro de traballo como protesta pola aprobación do proxecto de lei do día seguinte. Ademais fala de que esta mesma tarde hai unha concentración na compostelana praza do Toral, así como noutros puntos da xeografía galega , ás que sería conveniente ir. Tamén hai intención de facer concentracións todas as semanas aproveitando a pausa para o café, así como seguir coas mobilizacións. Manterános informados por medio de correos e publicidade nos taboleiros de anuncios. Tamén menciona que a mellora respecto da IT foi grazas á presión que as mobilizacións dos traballadores e sindicatos fixeron ao goberno da Xunta. 
Ábrese unha quenda de palabras. 
Un compañeiro comenta que igual que o goberno levou a cabo mediante proxecto de lei un recorte dos nosos dereitos, nós podiamos facer o mesmo co mecanismo que a legalidade nos permite, neste caso a iniciativa lexislativa popular (ILP) para recortar os esaxerados dereitos que eles teñen (aplausos). Comenta que con 15.000 firmas pódese levar a cabo a proposición de lei e tendo en conta que os traballadores publicos en Galicia suman ao redor de 90.000 sería factible levalo a cabo. Ademais poderíase sumar firmas de xente que non tivesen relación coa administración e que quixesen acabar coas prebendas que ten a clase política; solicita que se vote a proposta. 
Outro compañeiro intervén e dí que él, coa aprobación destas medidas, sente coma se o estivesen a violar e que probablemente o consigan, pero que non vai ser co seu consentimento (aplausos). Menciona tamén que non está de acordo co escrito que os sindicatos fixeron chegar aos traballadores para que o asinasen e o fixeran chegar ao presidente da Xunta. Cree que esa medida non debería ser a titulo invidual, se non que debería ser un escrito que debería estar subscrito polos representates do persoal e avalada en todo caso pola firma dos traballadores. Tamén recalca que está de acordo con continuar coas mobilizacións. 
Intervén unha compañeira que di que o día anterior solicitou a un dos sindicatos unha orde do dia e que lla mandaron. Ademais dos puntos a debater, nela figuraba que se entregaría aos traballadores á entrada no salón e que isto non se fixo. Solicita que en futuras asembleas se mande a mesma xunto coa convocatoria e dí ademais que non esta de acordo con que as concentracións sexan en horario de traballo pola imaxe que se poida dar aos cidadáns pola desatención dos servizos públicos. 
O compañeiro da anécdota da violación di que non debemos ter medo a realizar as mobilizacións en horario de traballo, pois só faltaría que encima de recortarnos os nosos dereitos non pudieramos mobilizarnos durante a nosa xornada laboral. Móntase un pouco de balbordo. 
Intervén unha representante sindical e dí que é certo que se tentou facer unha orde do día para entregar na asemblea, pero que ao final se lles votó o tempo enriba e pensaron que se podía realizar a reunión sen entregar a mesma, pero que para a próxima vez tentarase entregar en tempo e forma. 
O compañeiro da ILP pide que se voten as propostas. 
Intervén un representante dos traballadores e dí que en realidade non é necesario levar a cabo unha ILP , pois xa se presentou un escrito o 10 de febreiro no rexistro de presidencia de San Caetano asinado pola presidenta da xunta de persoal e do comité de empresa propoñendo unha serie de propostas alternativas á futura lei de medidas no emprego publico e a posterior distribución dun escrito repartido entre os traballadores para que apoiasen a iniciativa dos representantes do persoal. 
O compañeiro da ILP comenta que unha cousa non ten que ver coa outra. 
Unha representante dos traballadores comenta a problemática de levar a cabo a mesma, pois tería que ser unha iniciativa que se debería levar a cabo en toda Galicia e que habería que realizar un traballo coordinado con represéntalos dos diferentes centros. 
Finalmente procédese as votacións a man alzada. 
A proposta da iniciativa popular é aprobada por ampla mayoria. Tambien apróbase o levar a cabo concentracións semanais durante a pausa para o café, así como a concentración ante o parlamento o martes, cando se aprobe o proxecto de lei. 
Ademas apróbase facer uns pines ou outro tipo de publicidade que lembren a situación na que nos atopamos a compañeiros e cidadanía en xeral. 
Respecto ao peche o luns que vén non hai demasiada unanimidade. Un compañeiro nestes momentos toma a palabra e di que ten que ser coordinado en todos os centros, que se non, non vale para nada. Móntase algo de balbordo e decídese deixalo de momento. 
Solicítanse novas quendas de palabra, pero xa non se conceden. 
Devandito o anterior levántase a sesión a iso das 11 am.

Toma a palabra unha representante dos traballadores e dá as grazas pola masiva asistencia ás mobilizacións e indica que esta é a liña a seguir. Toma a palabra outro representante dos traballadores e di que aínda que o martes que veñe se aprobe o proxecto de lei no parlamento queda a opción de recurrilo ante o tribunal constitucional e mesmo interpor un recurso directo ante o tribunal europeo por incumprir a normativa desta institución respecto ao persoal interino. Dito o cal, outra representante dos traballadores fai un repaso de como quedou definitivamente o tema dos recortes no proxecto de lei e recalca que a mellora introducida respecto da incapacidade temporal (IT) que é produto das mobilizacións de sindicatos e traballadores. Fala outro representante e di que é necesario seguir coas mobilizacións, e que se pode facer un peche o vindeiro luns pola tarde e noite no centro de traballo como protesta pola aprobación do proxecto de lei do día seguinte. Ademais fala de que esta mesma tarde hai unha concentración na compostelana praza do Toral, así como noutros puntos da xeografía galega , ás que sería conveniente ir. Tamén hai intención de facer concentracións todas as semanas aproveitando a pausa para o café, así como seguir coas mobilizacións. Manterános informados por medio de correos e publicidade nos taboleiros de anuncios. Tamén menciona que a mellora respecto da IT foi grazas á presión que as mobilizacións dos traballadores e sindicatos fixeron ao goberno da Xunta. 

Ábrese unha quenda de palabras