8M: folga xeral feminista

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en Monelos (A Coruña) 23/2/12

Ás 13:30 no salón de actos de Monelos celebróuse unha nova Asemblea que, se ben non reuníu tanta xente como a anterior (ún dos representantes dos traballadores que a dirixía cifrou a asistenza nun terzo da anterior), tivo idéntica natureza de reunión informativa.

Tras repartir o texto do Proxecto de Lei dos recortes, os membros da Xunta de Persoal pasaron a comentar as diferenzas -poucas- introducidas no texto dende o Anteproxecto e pasaron a lembrarnos a importancia das concentracións-manifestacións convocadas para ese serán. Ante calquera suxerencia plantexada dende as butacas, o mantra era que as mobilizacións da tardiña tiñan que ser masivas. Sen obxetar o incontrovertíbel desta afirmación, o empeño na inmobilidade das propostas previas á primeira Asemblea resultaba curiosamente pouco asambleario no contorno no que estabamos.

Curiosamente, falando das mobilizacións "propostas" (é dicir, acordadas pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa) no horizonte posterior ao mesmo xoves no que estaba a celebrarse a Asemblea e ían producirse as Concentracións-Manifestacións acordadas, resultou que as propostas de Asembleas permanentes-peches para o luns 27 xurdiran das Asembleas de Vigo e Ferol, o que chocaba un pouco coa actitude de nin recoller por escrito as propostas que ían xurdindo naquela reunión informativa de Monelos (na que xurdir, xurdían).

Unha das propostas non estimadas foi, en relación co tratamento que da a Prensa aos recortes e as protestas contra eles, a posibilidade de publicar un manifesto en páxinas de publicidade destes mesmos medios. Pese a que o mesmo compañeiro que o propuña dixo que aínda que supuxera pagar 50 céntimos ou un euro cada ún de nós (aínda non se sabía o multitudinarias que ían ser as manifestacións), a idea foi desechada polo cara que sae a publicidade na Prensa (dous millóns por páxina, catro se é algo político ou sindical, dicían os cuantificadores da imposibilidade).

Curiosamente tamén tiveron a súa importancia os números cando un compañeiro se queixou da total ausencia de actividade sindical nos postos de traballo fóra da época de eleccións sindical: o coro de representantes dos traballadores doéuse da redución do número de liberados na Administración e mesmo da redución do número de horas sindicais dos representantes electos. Mesmo se voltou saca-lo tema cando se dixo que os correos electrónicos non chegaban a todo o mundo.

Houbo tamén propostas de manifestación de toda Galiza un domingo en Compostela, que se condicionou ao éxito das convocatorias locais, houbo chamados á Folga, que foron descartados por anteriores fracasos,...

En fin, rematamos a Asemblea en algo máis dunha hora, convocados á manifestación desa tardiña, á Asemblea-peche de hoxe luns e á protesta fronte ao Parlamento do martes 18. Ahí estaremos.