Enquisa HostaleríaDigna

Crónica asemblea de traballadores/as de San Caetano 23/2/12

Comezou a asemblea ás 12:40 cun salón de actos cheo (300 persoas). Os sindicatos repartiron a orde do día ao comezo o que permitiu saber do que se ía falar. A presidencia de mesa, Pilar (CIG) deu a palabra a varios delegados dos distintos sindicatos que foron comentando o estado do anteproxecto e as mobilizacións pactadas.

Resumindo:
-Queda só o trámite parlamentario o vindeiro martes 28/2/12 para a aprobación do anteproxecto, tras levantarse a Xunta da negociación cos sindicatos sen atender as propostas de aforro presentadas.
-Hai que seguir mobilizandose porque isto é só o principio das medidas de recorte. Convocaronse: Concentracións 23/2/12 ás 19h. en todas as cidades de Galicia + Peches nos centros de traballo o luns 27 + Concentración ás 10h. o martes 28 diante do parlamento + Concentracións de 10 minutos todos os xoves diante dos centros de traballo
-Outras medidas acordadas polos sindicatos: recollida de sinaturas para pedirlle a retirada do anteproxecto aos grupos parlamentares + Presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) + Amosar o orgullo de sermos empregados/as públicos con carteis no posto de traballo.

A continuación abriuse un turno de palabra onde se comentou o seguinte:
-Facer unha web / blog para publicar contidos das cousas que están pasando. Presidencia de mesa comenta que se está estudando o tema.
-Propúxose facer unha convocatoria de folga propia dos empregados/as públicos.
-Un compañeiro comenta que a web debería ser moderada. Tamén que a Xunta está invadindo competencias estatais no relativo á baixa por IT. Varios delegados interveñen para respostar ao compañeiro. Estase estudando o tema.
-Un compañeiro de Industria pide explicacións aos sindicatos pola modificación da proposta presentada na anterior asemblea feita polos compañeiros de Industria e distribuída polos sindicatos para entregar por rexistro. Ata 6 delegados interveñen xustificando a modificación, concluíndo que se cambiaron cousas para acadar un maior consenso entre os sindicatos.
-Repite o compañeiro do 3º turno para indicar que no trámite parlamentario non caben enmendas ao anteproxecto, que ou vai así ou non vai.
-Pablo (CNT) felicíta á asemblea polas concentracións pola tarde para que poida participar toda a sociedade. Comentalle ao compañeiro de Industria que non recorda ter votado a sua propostaque é normal que se quiten cousas...e estaría mellor votar as cousas na asemblea con unha orde do día prevía para ter o tema meditado. A respecto do web comenta que xa se tratou na asemblea de maio de 2011, na anterior e nesta e que a ver se se fai. Da folga suxire falalo con calma nunha asemblea só para iso. Para finalizar ofrece os resumos das asembleas que está facendo a sección. Un delegado da CIG comenta estar tomando acta.

Presidencia de mesa pecha a quenda de palabras e pásase a votar “por aclamación”, tras un comezo titubeante decídese votar as propostas dos traballadores/as (o da folga) na vindeira asemblea para poder meditarse. Vótanse as propostas dos sindicatos que se aproban por casi unanimidade.

Péchase a asemblea ás 13:20.