Prensa obreira

Concentración contra a Reforma de Rajoy

15/02/2012 19:00

Concentración na Praza do Toral, mércores 15 de febreiro, 19.00

O pasado venres, o goberno do PP aprobou unha reforma laboral que supón unha grave profundización no seu ataque acostumado contra as traballadoras e traballadores, xa iniciado polo PSOE.

Unha reforma dictada polo capital, que remata de golpe cos nosos dereitos e nos deixa á mercé dos antollos dos empresarios, sen capacidade de negociar condicións de contratos nin salarios nin horarios. Despedimentos non só máis baratos, senón de balde, contratos propios dos tempos da escravitude, medidas de presión contra as baixas por enfermidade e maternidade, traballo forzoso e non remunerado para quen perciba subsidio…E para os empresarios? Bonificacións, facilidades... en fin, poder absoluto.

Desde a CNT seguimos en permanente campaña contra estes recortes e, alén de actos máis grandes e organizados, non debemos perder a capacidade de dar unha resposta rápida na rúa a este tipo de agresións. Por todo isto, convocamos unha concentración este mércores 15 de febreiro, ás 19:00 na Praza do Toral. Contra o ataque do goberno e o capital, ¡ORGANÍZATE E LOITA!

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Maio 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031