Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Caetano (Compostela) 9/2/12

Lugar e data: San Caetano. Salón de actos n.º 1. Xoves 9, ás 11 horas.
Convoca: Xunta de Persoal e Comité de Empresa de SSCC

Presidencia de mesa: Pilar (CIG). Presidenta da Xunta de Persoal de SSCC.
No estrado, de pé e sentados na primeira bancada: delegados do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal de SSCC dos sindicatos CIG, CCOO, UXT e CSIF, así como delegados doutras localidades.
Asisten máis de 300 traballadores/as que abarrotan o salón de actos, cun numeroso grupo fora que non pode acceder.

Preséntanse á presidencia de mesa 2 cuestións previas por parte de Pablo (CNT):
1) Ofrecemento do salón de actos n.º 2 para que ningún traballador quede sen asemblea. Non se acepta. 2) Posibilidade de presentar previamente unha proposta organizativa para dotarnos dun mecanismo de toma de decisións para a asemblea. Que se explique no turno de palabra.

Empeza a asemblea sobre ás 11:00 pasadas cunha pésima megafonía.

Pilar (CIG) informa do anteproxecto: recortes, privatizacións, asistencias técnicas... Para finalizar comenta que hai un calendario de mobilizacións que comeza hoxe cunha concentración fóra e que hai que darse présa en rematar a asemblea.

Ábrese o turno de palabra: [Non hai micro sen fíos]

Pablo (CNT): preséntase. [Interrúmpeo Fernando (CIG-Pontevedra)]. Comenta o problema de acceso ao salón e presenta a proposta dun modelo organizativo da asemblea. [Presidencia de mesa retíralle a palabra sen deixarlle rematar]. Finaliza pedindo que polo menos se voten as propostas.

Un representante de CCOO propón unhas medidas que lle “mandaron”: pintar billetes, mercar camisolas, repartir planfletos en sitios con moita afluencia…

Un compañeiro de Educación resalta a necesidade e importancia de dotarnos dunha organización para que a asemblea sexa produtiva e pide que as propostas se voten.

Bruno (CSIF) é o primeiro que di que hai que saír á rúa xa que se acaba o tempo, que hai unha concentración fóra e xa é tarde.

Sae un compañeiro de gafas propoñendo sacar dous manifestos: un á administratición dicindo onde se poden aforrar cartos e outro á prensa onde se diga todo o chanchullismo da Xunta: onde se gastan os cartos (Tragsa...)

[Aplausos xeralizados]

Un compañeiro de Augas de Galicia sae decindo que hai que realizar a asamblea onde caibamos todos.

Sae un compañeiro de melenas da Consellería de Industria que leva unhas propostas dos traballadores do seu servizo: redución do número de deputados, aplicar a todos as medidas restrictivas, sobresoldos, pluses, subvencións electorais…

[Aplausos xeralizados]

Presidencia de mesa chama a atención a Pablo (CNT) por pedir que se voten as propostas sen ter o turno de palabra. Informa de que se votarán todas as propostas ao final, e que se non dera tempo quedarán para a vindeira asemblea.

Alguén pregunta pola próxima asamblea.

Presidencia de mesa contéstalle que hai un calendario de mobilizacións e que xa se irá vendo.

Unha persoa propón que se cree una web ou algo similar, un voceiro electrónico onde se poña toda a chanchullada da Xunta xa que non temos como expresarnos nos medios.

Intervén Fernando (CIG-Pontevedra) arengando para ir a protestar a concentración de delegados que hai fóra, que viñeron moitos autobuses de toda Galicia e xa é tarde.

[O delegado da CIG_Pontevedra marcha e a xente comeza a levantarse]

Últimos turnos de palabra, xa con absoluta desorde.

Presidencia de mesa comenta a idea de recopilar as propostas nunha única para tratala na vindeira asemblea.

Remata a asemblea ás 11:45h.

A continuación, moitos dos traballadores/as participantes na asemblea e os que lograron enterarse do acto (non publicitado en San Caetano) saen ao exterior do Edificio Administrativo a participar na concentración dos sindicatos, que se transforma nunha animada manifestación arredor do recinto.