Galiza. 30 Xaneiro, 2012 - 22:32

Arredor de 150 persoas manifestáronse este sábado 28 de xaneiro polas rúas de Vigo, convocadas pola CNT-Galiza.
A manifestación saiu da Praza da Independencia, e transcorreu por Camelias, onde se fixo unha parada diante da ETT Adecco, coa que manteñen conflito @s compañeir@s de Córdoba.
Rematou na Porta do Sol cun mitin a cargo de unha compañeira e un compañeiro do sindicato de Vigo.
Ante a situación económica e social, a CNT nin firma nos despachos nin queda na casa. Sae á rúa.
Sen subvencións, sen liberados.
CNT, o teu sindicato.






