Prensa obreira

Nen recortes de dereitos nen reforma laboral!

14/01/2012 12:00

O sábado 14 de xaneiro, ás 12.00, CNT-Compostela concentraráse na Praza do Pan (Cervantes).
Por que? A lista de razóns é interminábel. Para comezar:

-Case cinco millóns de persoas no paro.
-Subida de impostos ós traballadores.
-Empeoramento das condicións de contratación coa xeralización do contrato temporal.
-Conxelación de salarios.
-Privatización dos servizos públicos.
-Desafiuzamentos a esgalla.
-...

Sumemos a isto a corrupción xeralizada, o roubo descarado e as ameazas de recorte xeral de dereitos ás que os políticos, a banca, a patronal e outros adican o seu tempo agora a cara descuberta. Se o PSOE xa fixo os seus esforzos para impoñernos o neoliberalismo ditado polos seus donos, nada máis fincar os dentes no poder o PP insiste no mesmo e anuncia medidas contra os traballadores que nos queren de volta no século XIX.

Por isto e polo que vai vir, porque CNT-Compostela non fica sentada a esperar máis ataques nen se indigna, senón que sae a rúa e loita, e porque xa é hora de demostrar que non estamos dispostos a aturar máis.

Nin recorte de dereitos nin reforma laboral!

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Marzo 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031